Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias
Grao en Enxeñaría Agraria
 Materias
  Empresa: Economía e empresa
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Exames escritos: Haberá un exame parcial liberatorio e un exame final que se celebrará na data oficialmente establecida. Resultados de aprendizaje evaluados con esta metodología: RA1, RA2, RA3 y RA4. 75 C10
Probas de tipo test Resolución de exercicios, entrega de cuestións e traballos. Resultados de aprendizaje evaluados con esta metodología: RA1, RA2, RA3 y RA4. 25 C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os alumnos que por motivos laborais (ou outros que os responsábeis da materia consideren probados e razoables) non poidan asistir con regularidade ás clases poden porse en contacto cós profesores que lle indicarán como superar a asignatura.

Exame fin de carreira: 30 de septembro de 2015 ás 16:00.

Primeira Oportunidade:

Para os alumnos que opten pola avaliación continua, haberá un exame parcial liberatorio da primeira metade da materia e un exame final que se realizará na
data oficial establecida no calendario de exames, o 29 de outubro. Os alumnos que superen
o exame parcial só terán que examinarse no exame final da segunda parte
do programa. Os alumnos que non superen o exame
parcial terán que examinarse de toda a materia no exame final. A nota do exáme
obterase como a media aritmética das dúas partes da materia ou, en caso
de suspender o exame liberatorio, a nota do exame final, cun peso do 75%, sendo o 25% restante a puntuación relativa a participación na clase, entrega de traballos e exercicios propostos.

Para os alumnos que renuncien a avaliación continua haberá un exame final que se realizará na data oficial establecida no calendario de exames e que suporá o 100% da sús calificación.

Segunda Oportunidade:

Os alumnos que obteñan unha puntuación inferior a 5 puntos na nota da 1ª oportunidade deberán presentarse na 2ª oportunidade para superar a materia. Na 2ª oportunidade, o alumno deberá realizar un exame final escrito de natureza similar ao da primeira oportunidade na data oficialmente establecida, 14 de xullo de 2016.

Nas probas de avaliación é necesario traer o DNI ou documento análogo cando teña lugar a realización dos exames. O incumprimento de este requisito pode ter como consecuencia que o alumno non realice o exame en cuestión. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000