Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Matemáticas: Ampliación de matemáticas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumno presentará exercicios e traballos durante o curso.
RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6, RA7, RA8
30 A3
A4
B1
B2
C2
D1
D3
D4
D5
D9
Probas de resposta curta Realización dunha proba escrita final onde se avaliarán todos os contidos da materia.
RA1, RA2, RA3, RA4, RA5, RA6, RA7
70 A3
C2
D1
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Avaliación continua (convocatoria ordinaria)

Considérase
que todos os alumnos deben ser avaliados de forma continua.
A nota final dun alumno obterase mediante a suma das
puntuacións obtidas en cada parte. Nesta modalidade, un alumno
estará aprobado cando a súa nota final sexa maior ou igual que 5.

A cualificación obtida nas tarefas avaliables será válida tan só para o curso académico no que se realicen.

2. Procedemento de avaliación para Xullo (convocatoria extraordinaria) e Fin de carreira:

O
alumno que opte por examinarse nestas modalidades será avaliado
unicamente co exame que valerá o 100% da nota. En caso de non
asistir ao devandito exame, ou non aprobalo, pasará a ser avaliado do mesmo xeito
que o resto de alumnos. Un alumno estará aprobado cando a nota
do seu exame sexa maior ou igual que 5.

3. Datas de avaliación

Convocatoria Fin de Carreira: 28 de Setembro de 2016 ás 16 horas.

Convocatoria ordinaria: 20 de Marzo de 2017 ás    horas.

Convocatoria extraordinaria: 14 de Xullo de 2017 ás 10 horas.

En caso
de erro na transcrición das datas de exames, as
válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios
e na páxina web http://fcou.uvigo.es.

Lémbrase a prohibición do uso de dispositivos móbiles ou computadores portátiles en exercicios e prácticas dado que o Real Decreto 1791/2010, do 30 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do Estudante Universitario, establece no seu artigo 13.2.d), relativo aos deberes dos estudantes universitarios, o deber de :

"Absterse da utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da universidade".
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000