Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Física: Ampliación de física
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Pártese de que a docencia será totalmente presencial, pero en caso de alerta sanitaria provocada pola COVID-19 poderase considerar unha modalidade mixta (parte da docencia presencial e outra parte online a través do campus remoto da U. Vigo) ou unha modalidade online (toda a docencia online a través do campus remoto).

ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS:
As metodoloxías de lección maxistral e seminarios están planificadas para migrar a docencia virtual (moovi e Campus Remoto) sen necesidade de presencia física na aula.
- MODALIDADE MIXTA:
As clases maxistrais e os seminarios serán en parte presenciais e en parte virtuais. Utilizarase a aula, moovi e Campus Remoto.
- MODALIDADE ONLINE:
As clases maxistrais e os seminarios serán totalmente virtuais a través de moovi e Campus Remoto.

TITORÍAS:
Realizaranse no despacho virtual da profesora, solicitando cita previa via email.

AVALIACIÓN:
Mantense a avaliación proposta na modalidade presencial.
É condición indispensable realizar os seminarios para poder aprobar a materia, polo que as actividades propostas pola profesora son de entrega obligatoria.
É obligatorio aprobar o exame oficial para poder aprobar a materia.
- MODALIDADE MIXTA:
As entregas obligatorias poderanse realizar de forma presencial na aula ou de modo virtual via email, moovi ou Campus Remoto, sempre na data indicada pola profesora.
O exame realizarase de modo presencial salvo que se indique o contrario polas autoridades académicas.
- MODALIDADE ONLINE:
As entregas obligatorias realizaranse de forma virtual (email, moovi, Campus Remoto), sempre na data indicada pola profesora.
O exame realizarase online a través de moovi.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000