Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Contaminación de ecosistemas terrestres
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia (de forma individualizada) e a participación en grupos en actividades informais (debates, discusións,...)
<br>
10
Presentacións/exposicións Valorarase o desenvolvemento e exposición do traballo do grupo de forma conxunta, especialmente no referente a capacidade de comunicación e de síntese dos aspectos máis relevantes da temática seleccionada 10
Seminarios Valorarase asistencia e participación individualmente 5
Prácticas de laboratorio Valorarase asistencia e participación individualmente
5
Probas de tipo test As preguntas de próba tipo test serán extraídas dos aspectos máis notorios dos diferentes temas desenvolvido nas sesións maxistrais. As preguntas serán de resposta múltiple, só unha delas válida.Para que se poida levar adiante a avaliación continua, é decir, o sumatorio dos méritos acadados nos distintios apartados, é necesario alcanzar, polo menos, o 40% do valor desta proba. 50
Estudo de casos/análise de situacións Trátase de analizar un material bibliográfico relacionado coas temáticas dos seminarios, proxectada co fin de avaliar a capacidade dos alumnos/as para adquirir capacidade de síntese e capacidade crítica. 15
Informes/memorias de prácticas Actividade asociada á realización das tarefas propostas das sesións prácticas 5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En segundas convocatorias, os alumno/as tamén deberán alcanzar máis do 40% da proba de tipo test para que lles sexa sumada a puntuación do resto de actividades, que
irán obtendo de forma continua. Casos particulares serán revisados de forma especial, a
condición de que o responsable/s da materia consideren que o alumno/a
adquira as competencias específicas da materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000