Presentacións/exposicións |
Valorarase o desenvolvemento e exposición do traballo do grupo de forma conxunta, especialmente no referente a capacidade de comunicación e de síntese dos aspectos máis relevantes da temática seleccionada |
10 |
Prácticas de laboratorio |
Valorarase asistencia e participación individualmente
|
5 |
Probas de tipo test |
As preguntas de próba tipo test serán extraídas dos aspectos máis notorios dos diferentes temas desenvolvido nas sesións maxistrais. As preguntas serán de resposta múltiple, só unha delas válida.Para que se poida levar adiante a avaliación continua, é decir, o sumatorio dos méritos acadados nos distintios apartados, é necesario alcanzar, polo menos, o 40% do valor desta proba. |
50 |
Estudo de casos/análise de situacións |
Trátase de analizar un material bibliográfico relacionado coas temáticas dos seminarios, proxectada co fin de avaliar a capacidade dos alumnos/as para adquirir capacidade de síntese e capacidade crítica. |
15 |
En segundas convocatorias, os alumno/as tamén deberán alcanzar máis do 40% da proba de tipo test para que lles sexa sumada a puntuación do resto de actividades, que
irán obtendo de forma continua. Casos particulares serán revisados de forma especial, a
condición de que o responsable/s da materia consideren que o alumno/a
adquira as competencias específicas da materia. |