Presentacións/exposicións |
A actividade consiste na realización dun traballo en grupo (2-3 alumnos) sobre algún asunto relacionado coa temática da materia e sendo proposta dos alumno/as. Os responsables da materia confirmarán a idoneidade dos temas de traballo e velarán porque estes non se repitan entre os
distintos grupos de alumnos/as.Comunicarase aos alumnos/as unha data límite antes da que deberían
informar do seu interese nesta actividade. A exposición dos traballos será presencial e ocorrerá nos días finais do bimestre (3-4 exposicións por día). A duración da exposición de cada traballo non deberá superar os 10 minutos, permitindo abrir un debate sobre os contidos dos mesmos nos minutos restantes de cada sesión. Os contidos destes traballos NON serán obxecto de exame |
Prácticas de laboratorio |
As prácticas de laboratorio a realizar suporán a aplicación dalgúns dos coñecementos teóricos que
se imparten. Proxéctanse 4 sesións . Os contidos das sesións prácticas serán:
- Preparación de mostras de auga para a súa análise química. Estimación de sólidos en suspensión.
- Deteminación de parámetros químicos básicos en augas doces: pH, conductividade, niveis de fosfatos e nitratos, materia orgánica disolta e catións (Na, K, Ca e Mg).
- Determinación rápida de funxicidas frecuentes en augas doces
- Análisis de aguas de consumo según RD 140
- Presencia de indicadores de contaminación
- |