Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencias Ambientais
 Materias
  Xestión e conservación da auga
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia (de forma individualizada) e a participación en
grupos en actividades informais (debates, discusións,...)
5
Presentacións/exposicións Valorarase o desenvolvemento e exposición do traballo do grupo de forma conxunta, especialmente no referente á capacidade de comunicación e de síntese dos aspectos máis relevantes da temática seleccionada 15
Seminarios Valorarase asistencia e participación individualmente 5
Prácticas de laboratorio Valorarase asistencia e participación individualmente 5
Probas de tipo test As preguntas de próba tipo test serán extraídas dos aspectos máis notorios dos diferentes temas desenvolvido nas sesións maxistrais. As preguntas serán de resposta múltiple, só unha delas válida.Para que se poida levar adiante a avaliación continua, é decir, o sumatorio dos méritos acadados nos distintios apartados, é necesario alcanzar, polo menos, o 40% do valor desta proba. 55
Estudo de casos/análise de situacións Trátase de analizar un material bibliográfico relacionado coas temáticas dos seminarios.O obxectivo desta actividade reside na necesidade de desenvolver a capacidade crítica dos alumnos/as. A avaliación levarase a cabo valorando as respostas e comentarios dos alumnos na aula ou ben a través dunha pequena proba de tipo test ao finalizar o conxunto dos seminarios. 10
Informes/memorias de prácticas Actividade asociada á realización das tarefas propostas nas sesións
prácticas
5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En segundas convocatorias, os alumno/as tamén deberán alcanzar máis do 40% da proba de tipo test para que lles sexa

sumada a puntuación do resto de actividades, que irán obtendo de forma continua. Casos particulares serán revisados de

forma especial, a condición de que o responsable/s da materia consideren que o alumno/a adquira as competencias

específicas da materia

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000