Guia docente 2021_22
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Viticultura
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Seminario A avaliación basearase na participación e calidade dos datos achegados. RESULTADOS DA APRENDIZAXE AVALIADOS: RA1, RA2, RA3, RA4, RA5 70 CG1
CE4
CE16
CE18
CE20
CT5
CT11
Exame de preguntas obxectivas Ó rematar cada tema os alumnos terán que demostrar o seu dominio dos contidos do tema respondendo os cuestionarios que se abrirán na páxina web da materia en FAITIC. Serán probas de resposta curta e terán inicialmente dúas oportunidades para cubrir os cuestionarios. Resultados da aprendizaxe avaliados: RA1-RA2-RA3-RA4-RA5. 30 CG1
CE4
CE16
CE18
CE20
CT5
CT11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua e os alumnos irán
acumulando puntos a medida que vaian entregando os diferentes traballos e
informes e contestando os cuestionarios que se irán abrindo ao
finalizar a exposición de cada tema. Os alumnos que non poidan asistir
con regularidade poderán acreditar os seus coñecementos contestando os
cuestionarios e realizando os traballos descritos nas actividades
introdutorias e seminarios, probas prácticas e os estudos de casos de
forma individual. Neses casos os traballos avaliaránse atendendo os
criterios contemplados nas rúbricas que se comentarán publicamente e que
se colgarán na páxina web da materia en FAITIC.

A
calificación dos alumnos acollidos ao sistema de avaliación continua
manterase para a segunda convocatoria por unha soa vez sempre que acaden
un mínimo dun 30% sobre 100 na avaliación inicial. Eses alumnos poderán
mellorar a nota da avaluación continua repetindo as probas
correspondentes ás metodoloxías nas que tiveron peores resultados na
primeira convocatoria e que lles propondrá o profesor.

Os
alumnos non presenciais ou que por diferentes motivos non poidan
acollerse a o sistema de avaliación continua, serán avaliados a partir
dos resultados dun único exame final con preguntas e cuestións
correspondentes tanto aos contidos teóricos (leccións maxistrais), como
os impartidos nos seminarios e probas prácticas e que valdran o 100% da
nota final. 

Convocatoria fin de carreira:
os alumnos que elixan examinarse nesa convocatoria serán avaliados
únicamente atendendo aos resultados dese exame (que valdrá o 100% da
nota). No caso de non asistir a ese exame, ou de non aprobalo, pasarán a
ser avaliados como os outros alumnos.

Datas de exames:

  • Fin de carreira: 30 de setembro de 2021 ás 16:00 h.
  • Xuño: 9 de xuño de 2022 ás 10:00
  • Xullo: 15 de xullo de 2022 ás 16:00.
No caso de erro nesas datas, as válidas serán as que se aprobaron
oficialmente e que están publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina
web do centro
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000