Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Análise e control da calidade en enoloxía
   Contidos
Tema Subtema
TEMA 1. INTRODUCIÓN.
Análise química e control de calidade de mostos, viños e destilados.
Métodos de análises: usuais, oficiais, de referencia, etc. segundo diversos organismos: OIV, AOAC ...
TEMA 2. ACIDEZ.
Compostos ácidos da uva, viño e augardentes: importancia para a elaboración e conservación dun produto de calidade.
Métodos de análise para a determinación da acidez total e volátil.
Determinación dos ácidos málico, láctico e tartárico.
Determinación de ácidos maioritarios e minoritarios en mostos, viños e augardentes mediante técnicas cromatográficas.
TEMA 3. AZUCRES E SÓLIDOS SOLUBLES.
Contido en azucres e calidade da uva: repercusión na elaboración de viños e augardentes.
Métodos para a determinación do grao probable, densidade e extracto.
Métodos volumétricos para a determinación dos azucres reductores.
Determinación de azucres por técnicas cromatográficas.
TEMA 4. ALCOIS.
Alcois: orixe e papel.
Bases físico-químicas dos métodos usuais/oficiais para a determinación do grao alcohólico.
Aplicación das técnicas cromatográficas á determinación de metanol, etanol e alcois superiores en viños e augardentes.
Importancia legal e toxicolóxica.
TEMA 5. CONSERVANTES.
Metodoloxía para a determinación do SO2 libre e combinado.
Outros conservantes de interese enolóxico e a súa determinación.
Aspectos sanitarios e legais.
TEMA 6. COMPOSTOS FENÓLICOS.
Importancia da composición fenólica na estabilidade e nas características sensoriais dos viños.
Determinación do contido total e dos diversos grupos de compostos fenólicos: métodos clásicos e métodos cromatográficos.
Avaliación da cor dos viños.
TEMA 7. COMPOSTOS AROMÁTICOS. Tipo de sustancias que participan no aroma dun viño.
Compostos responsables de cheiros desagradables.
Métodos gas-cromatográficos para a determinación das diversas familias de compostos responsables dos aromas varietais, fermentativos e bouquet.
TEMA 8. SUSTANCIAS NITROXENADAS.
Composición nitroxenada da uva e a súa transcendencia na vinificación, conservación e estabilización dos viños.
Metodoloxía para a determinación de nitróxeno, amonio e proteína.
Determinación de aminoácidos e aminas bióxenas por métodos cromatográficos.
TEMA 9. SUSTANCIAS MINERAIS.
Principais sustancias minerais: Clasificación, orixe e función.
Metodoloxía analítica para a determinación de anións e catións de importancia enolóxica.
Determinación de cinzas e alcalinidade.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO.

Acidez: 5.
Azucres: 1.
Alcois: 2.
Conservantes: 2.
Compostos fenólicos: 2
Compostos aromáticos: 1
Determinación da acidez total.
Determinación da acidez volátil polos métodos de Mathieu e de Cazenave-Ferré.
Determinación de acedo málico por CCF e por Espectrofotometría.

Determinación de azucres reductores polo método de Lüff.

Determinación do grao alcohólico: método de destilación e método de Barus.

Determinación de S02 libre e combinado: Métodos de Ripper e de Rankine.

Índice de polifenois totais.
Parámetros da cor por espectrofotometría.

Compostos voláteis por CG ou cata.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000