Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Industrias fermentativas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio consistirán en aplicar os conceptos teóricos vistos nas sesións maxistrais, a fin de poñer en práctica os coñecementos adquiridos.
Preténdese que o alumno adquira destreza na preparación de medios de cultivo e manexo de diversos biorreactores.
Resolución de problemas Exporanse exercicios, como o cálculo de parámetros estequiométricos sobre
exercicios expostos ou sobre situacións extraídas de publicacións científicas.
Debate Propoñeranse temas de traballo. O alumno debe buscar unha publicación científica relacionada e explicala resumidamente nos seminarios.
Lección maxistral Empregaranse os materiais audiovisuais dispoñibles para expoñer a teoría, casos prácticas e procuras na internet. Preténdese estimular a participación do alumnado a fin de que resulten clases interactivas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000