Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Ampliación de bromatoloxía
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Lección maxistral A avaliación continua permite seguir en todo momento o progreso das/os alumnas/os de forma individualizada, adaptando as actividades do curso para complementar e apoiar os coñecementos vistos nas clases maxistrais. Desta maneira poderanse reforzar os puntos débiles da aprendizaxe a medida que avanza o curso. A atención personalizada completarase mediante a realización de titorías individuais solicitando cita previa ao correo electrónico da profesora ou polas canles que se habiliten para tal efecto na plataforma de teledocencia Moovi.
Seminario A avaliación continua permite seguir en todo momento o progreso das/os alumnas/os de forma individualizada, adaptando as actividades do curso para complementar e apoiar os coñecementos vistos nas clases maxistrais e seminarios. Desta maneira poderanse reforzar os puntos débiles da aprendizaxe a medida que avanza o curso. A atención personalizada completarase mediante as titorías. Nestas titorías o profesorado atende, facilita e orienta ás/aos estudantes no seu proceso formativo, ademais de asistilas/los nas dúbidas que puidesen xurdir nas sesións maxistrais ou na resolución de boletíns/cuestionarios.
Prácticas de laboratorio A atención personalizada completarase durante a realización das prácticas de laboratorio mediante as titorías. Nestas titorías o profesorado atende, facilita e orienta ás/aos estudantes no seu proceso formativo, ademais de asistilas/los nas dúbidas que puidesen aparecer nas sesións de prácticas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000