Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias
Grao en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos
 Materias
  Técnicas de preparación de mostras
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Os seminarios avaliaranse mediante a realización de varias probas escritas nas que se resolverán problemas, exercicios e casos prácticos de cada tema e/ou bloque temático.

Avaliaranse os resultados previstos na materia RA1, RA2 e RA3.
20 A2
B1
B2
C1
C2
C4
C5
D1
D3
D5
D8
D9
Prácticas de laboratorio Para superar a materia é obrigatorio:
1. A realización da totalidade das prácticas.
2. A elaboración e entrega no tempo establecido polo profesorado dun informe para cada unha das prácticas realizadas.
3. Alcanzar como mínimo unha cualificación de 4,5 puntos sobre 10 no exame de prácticas que se realizará á finalización das mesmas.

Na avaliación deste ítem tamén se terá en conta a actitude, a implicación e a participación do alumno durante a realización das prácticas no laboratorio.

Avaliaranse os resultados previstos na materia RA4.
20 A2
B1
B2
C1
C2
C4
C5
D1
D3
D5
D8
D9
Resolución de problemas e/ou exercicios A comprensión e interiorización dos contidos da materia avaliarase mediante un exame composto por problemas baseados en casos reais . É obrigatorio obter unha cualificación mínima de 4,5 puntos sobre 10 para superar esta parte práctica.

Avaliaranse os resultados de aprendizaxe RA1, RA2 e RA3.
40 A2
B1
C1
C2
C4
C5
C9
D1
D3
D5
D8
Exame de preguntas obxectivas A comprensión e interiorización dos contidos da materia avaliarase mediante un exame de teoría . É obrigatorio obter unha cualificación mínima de 4,5 puntos sobre 10 para superar esta parte teórica.

Avaliaranse os resultados de aprendizaxe RA1, RA2 e RA3.
20 A2
B1
C1
C2
C4
C5
C9
D1
D3
D5
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Neste apartado da Guía Docente contémplanse distintas posibilidades de avaliación quese poderán aplicar en cada oportunidade Fin de Cuadrimestre (1ª Edición), Segunda Oportunidade-Xullo (2ª Edición) e Fin de Carreira.

CONVOCATORIA FIN DE BIMESTRE/CUADRIMESTRE (1ª EDICIÓN) E SEGUNDA OPORTUNIDADE-XULLO (2ªEDICIÓN):

A persoa matriculada poderá decidir se quere ser avaliada de forma continua ou final e debe comunicar a súa decisión á profesora coordinadora ao longo do primeiro mes de docencia (en caso de non recibir comunicación algunha no tempo establecido presuponse que o alumno evaluarase de forma continua). As distintas formas de avaliación detállanse a continuación:

a. Avaliación Continua

A puntuación neste caso será:

Nota Final (NF) = Exame de Problemas (EP=40 %) + Exame de Teoría (EP=20
%) + Prácticas (P=20%) + Seminarios (S=20%)

- O alumno superará a materia cando a media ponderada de todos os ítems sexa igualou superior a 5,0.

-Proba Final: é necesario obter un mínimo nas Probas para poder aprobar a materia (4,5 puntos sobre 10). Devanditos exames supoñerán un 20 (teoría) e 40 % (resolución de problemas) da nota total da materia, respectivamente.

-Prácticas de Laboratorio: as sesións de Prácticas de Laboratorio son obrigatorias para todo o alumnado e cualificaranse mediante a avaliación dos informes e un exame de Prácticas, supoñendo cada un o 50% da nota global deste ítem. A puntuación supoñerá o 20% da nota global da materia.

- Prácticas de Laboratorio: para superar a materia será
obrigatorio asistir ao 80 % das sesións de Prácticas de Laboratorio, o
20 % restante deberá ser debidamente xustificado (segundo os criterios
establecidos no Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a
calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do alumnado da
Universidade de Vigo). As clases prácticas cualificaranse mediante a
avaliación dos informes presentados e un Exame de Prácticas, supoñendo
cada un o 50 % da nota global deste ítem. Será necesario obter un mínimo
de 4,5 puntos sobre 10 no Exame de Prácticas para aprobar a materia.

-Seminarios: acualificación neste apartado será o valor medio obtido en cada unha das probasprevistas e terá un valor máximo do 20% da nota global da materia.

-Cualificación da materia: para o alumno que non supere o exame na 1ª Edición, a cualificación da materia será a do exame, sen sumárselle a parte correspondente a Seminarios e Prácticas de Laboratorio. O alumno que teña algunha cualificación (xa sexa en Seminarios, Prácticas de Laboratorio ou nos Exames) non poderá levar a nota de Non Presentado.

b. Avaliación Final

A puntuación neste caso será:

Nota Final (NF) = Proba Final (PF=80%) + Prácticas (P=20%)

-Nesta modalidade o alumno poderá presentarse a unha Proba Final que supón o 80% da nota global e que será diferente á proba dos alumnos que elixan a avaliación continua.

- Os alumnos que se decanten por esta avaliación deberían facer as Prácticas de Laboratorio e o Exame de Prácticas con anterioridade, xa que son obrigatorias.

Alumnos con responsabilidades laboráis

Considerarase por defecto que os alumnos seguen a materia nunha modalidade normal na que teñen dispoñibilidade horaria para asistir ás actividades docentes. No caso de alumnos que non poidan facelo por motivos laborais debidamente xustificados, deberán poñerse en contacto coa coordinadora da materia durante o primeiro mes de clase mediante correo electrónico. A coordinadora indicaralle a cada alumno, en función da súa casuística, como deben cursar e examinarse das metodoloxías de Seminario e Prácticas de Laboratorio. O resto da avaliación será igual que para os demais alumnos.

Exames

As datas de exames son as aprobadas pola Facultade de Ciencias (en caso de erro na transcrición das datas de exames, as válidas son as aprobadas oficialmente e publicadas no taboleiro de anuncios e na web do Centro):

- 19 de xaneiro do 2024 ás 10:00 h (1ª Edición).

- 9 de xullo do 2024 ás 10:00 h (2ª Edición).

- 25 de setembro do 2023 ás 16:00 h (Fin de Carreira).

Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas deavaliación. Facelo será considerado motivo de non superación da materia no presente curso académico, e a cualificación será de 0.

O material permitido para a realización das probas escritas consistirá no enunciado da proba, útiles de escritura e calculadora. Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico. O incumprimento destas normas castigarase coa cualificación de suspenso (0) na convocatoria onde se produza devandito incumprimento.

Cursos académicos sucesivos

Aqueles alumnos que non superen a materia no presente curso académico, pero que si superen as Prácticas de Laboratorio, manteráselles a nota deste ítem en sucesivas convocatorias.

Compromiso ético

O alumno debe presentar un comportamento ético apropiado. No caso decomportamentos non éticos (copia, plaxio, uso de equipos electrónicos non autorizados,utilización de dispositivos de telefonía móbil durante as horas de clase...), que impidan o desenvolvemento correcto das actividades docentes, considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia, nese caso a cualificación no curso académico actual será de suspenso (0).

Gravaciónde imaxe e/ou audio

Salvo autorización expresa por parte do profesor, non estará permitida a gravación, total ou parcial, tanto de son como de imaxe, das clases maxistrais, seminarios ou prácticas da materia, conforme as previsións da Lei de Propiedade Intelectual, da Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal e da Lei Orgánica de Protección Civil do Dereito á Honra, á Intimidade Persoal e Familiar e á Propia Imaxe. En función, no seu caso, do uso posterior que se lle dese, a gravación non consentida pode dar orixe a responsabilidades civís, disciplinarias, administrativas e, eventualmente, penais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000