Sesión maxistral |
Mediante leccións maxistrais participativas abórdase o estudio das seccións I, II, IV e V recollidas nos Contidos desta Guía. As sesións son de 50 minutos, contando con apoio visual. Pídese ós estudiantes que revisen, anticipadamente, a documentación depositada na plataforma TEMA a fin de promover a participación dos estudiantes e conseguir un mellor aproveitamento das sesións maxistrais.
A profesora elabora cuestionarios de autoavaliación que estarán a disposición dos estudiantes na plataforma TEMA. Responder os cuestionarios non é obrigatorio, pero bonifícase o seu uso. |
Seminarios |
Os seminarios dedicaranse a estudiar as seccións III e VI recollidas nos Contidos desta Guía. Pídese ós estudiantes que elaboren e expoñan un traballo monográfico individual acerca dalgún dos temas correspondentes as seccións mencionadas, e que propoñan dúas preguntas sobre o tema elaborado. A partir destas preguntas, a profesora elabora cuestionarios de autoavaliación que estarán a disposición dos estudiantes na plataforma TEMA. Responder os cuestionarios non é obrigatorio, pero bonifícase o seu uso.
Os estudiantes deben, asimismo, depositar na plataforma TEMA un documento sobre o seu traballo no Exercicio creado a tal efecto. |
Prácticas autónomas a través de TIC |
Os estudiantes poden levar a cabo as seguintes actividades voluntarias e/ou bonificables:
- Ver e/ou descargar documentación dende a plataforma TEMA
- Visitar sitios web complementarios
- Responder os cuestionarios depositados na plataforma TEMA
- Depositar noticias, videos... relacionadas coa microbioloxía e hixiene dos alimentos nos Exercicios creados na plataforma TEMA
- Crear, na plataforma TEMA, Foros de discusión e/ou participar nos creados por outros usuarios, nos que se discuten aspectos particulares da Hixiene alimentaria |
Actividades introdutorias |
Dedícase a primeira sesión a establecer as normas que rixen na materia e a revisar as actividades que se propoñen, que son as recollidas na presente Guía. |