Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias
Máster Universitario en Nutrición
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou na aplicación de ideas, acotío nun contexto de investigación
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e de enfrontarse a complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e suízos.
  A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e as razóns últimas que os sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
  A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Adquirir coñecementos avanzados e demostrar, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou en mais campos de estudo
  B2 Saber aplicar e integrar os seus coñecementos, na compresión de estes, o seu fundamento científico e as súas capacidades de resolución de problemas en contornos novos e definidos de maneira imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais altamente especializados.
  B3 Saber avaliar e seleccionar a teoría científica adecuada e a metodoloxía precisa dos seus campos de estudos para formular suízos a partir de información incompleta ou limitada incluíndo, cando sexa preciso e pertinente, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética ligada á solución que se propoña en cada caso.
  B4 Ser capaz de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenrolo de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade
Sinale C Código Habilidades
  C1 Saber integrar os principios básicos do metabolismo intermediario e o seu control encimático e endocrinolóxico
  C2 Ter adquirido coñecementos do destino e da función das principais moléculas combustíbeis: glícidos, lípidos e proteínas.
  C3 Ter adquirido e dominar o fundamento metodolóxico da cuantificación e da concentración e actividades hormonais
  C4 Ter adquirido coñecementos avanzados sobre a estrutura, relacións e funcións dos órganos endócrinos, as hormonas e metabolitos
  C5 Ser capaz de desenrolar réximes nutricionais para a intervención na patoloxía humana.
  C6 Ser capaz de desenrolar réximes nutricionais de calidade hixiénico sanitaria
  C7 Ser capaz de facer unha valoración da composición corporal
  C8 Saber recoñecer o papel dos nutrientes (hidratos de carbono, lípidos, proteínas e minerais) abarcando o estudo dos procesos da dixestión, absorción e metabolización.
  C9 Saber avaliar a relación entre hábitos alimentarios e a prevalencia de enfermidades crónicas
  C10 Ser capaz de facer una valoración nutricional individualizada.
  C11 Ser capaz de elaborar unha dieta controlada a partir de alimentos e recurso enerxéticos.
  C12 Ser capaz de planificar dietas a nivel individual e colectivo en distintas situacións fisiolóxicas e/ou patolóxicas e de elaborar un menú-dieta axustado á idade, condición física, traballo, actividade e patoloxía específica de maneira concreta para un suxeito.
  C13 Entender as principais pautas e indicacións da dieta nas patoloxías ambulatorias máis frecuentes, especialmente na diabetes e na obesidade, ademais da hiperlipemia, alteracións do metabolismo proteico, celíacos, metabolopatías de aminoácidos, etc.
  C14 Ter adquirido coñecementos da regulamentación española e europea de manipuladores de alimentos
  C15 Ter adquirido coñecementos das técnicas de conservación e envasado dos alimentos.
Sinale D Código Competencias
  D1 Saber transmitir dun modo claro e sen ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan.
  D2 Ter desenrolado a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do seu ámbito temático, en contextos interdisciplinarios e, no seu caso, cunha alto compoñente de transferencia do coñecemento (segundo BOE nº185 3/08/2011 páx. 87916
  D3 Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenrolo profesional e da súa especialización nun ou máis campos de estudo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000