Esta materia ten como obxectivo coñecer os conceptos de comunicación e publicidade, como ferramentas para a relación cos grupos de interese, así como a súa localización dentro da estratexia da empresa. Estúdanse as diferentes ferramentas empregadas para a planificación estratéxica da publicidade e as fases dunha campaña publicitaria.
De forma paralela poranse en práctica todos os coñecementos adquiridos nas sesións teóricas a través da creación dunha marca e unha campaña publicitaria.