Aprendizaxe baseado en proxectos |
Elaboración dun proxecto final descritivo dunha empresa familiar, onde se aborde o diagnóstico da situación actual desde a perspectiva do tránsito sucesorio, así como as liñas de traballo a seguir |
20 |
|
B1 B2 B3 B4 B5 B9 B10 B11 B12 B13 B14
|
C3 C5 C6 C8 C9 C10 C11 C12 C13 C15 C16
|
D1 D2 D3 D4 D5
|
Exame de preguntas de desenvolvemento |
Realización do exame final da materia |
50 |
|
B1 B2 B5 B13 B14
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C8 C9 C15
|
D1 D3 D4 D5
|
A asistencia ás clases é un compoñente esencial da avaliación e, por tanto, é obrigatoria.
Todas as faltas serán tidas en conta para o cálculo das penalizacións, aínda que estas fosen xustificadas.
As penalizacións serán de aplicación en cada materia, en función dos seguintes baremos:
- A non asistencia a máis do 10% das horas lectivas, penalizarase cunha redución dun terzo na avaliación continua da materia.
- A non asistencia a máis do 20% das horas lectivas, penalizarase cunha redución de dous terzos na avaliación continua da materia.
- A non asistencia a máis do 30% das horas lectivas, penalizarase cun cero na avaliación continua da materia.
A nota obtida na avaliación continua (50% da nota final) manterase en todas as oportunidades de exame do ano académico en vigor.
Para os estudantes que se matriculen na convocatoria de Fin de Carreira (que teñen 24 ECTS pendentes de cursos anteriores, con materias cursadas pero non aprobadas) só terase en conta a nota do exame.
A corrección dos exames finais será "cega".
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso en vigor.
No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames prevalecerán as sinaladas na páxina web da Facultade. |