O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os horarios de titoría, e informan sobre as opcións de avaliación (CONTINUA Ou GLOBAL), para que opten pola que máis se axuste ás súas necesidades.
A súa elección será comunicada ao centro, segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web.
Avaliación Continua (AC):
O 10 % de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á EC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (achegando xustificante pertinente).
A cualificación da AC obterase mediante a suma das probas desenvolvidas na aula:
IP1: MEDICINA NUCLEAR / RADIOTERAPIA (20%)
IP2: RX CONVENCIONAL - INTERVENCIONISMO (20%)
IP3: CIRURXÍA PLÁSTICA - QUEIMADOS (20%)
IP4: CIRURXÍA CARDÍACA - HEMODINAMIA (20%)
IP5: MAXILOFACIAL (20%)
As datas serán comunicadas ao estudantado a través de MOOVI ao comezo da actividade docente.
Deberase alcanzar unha nota mínima de 4/10 en cada bloque para non realizar a proba final. En caso de non acadarse dita cualificación, o estudante perderá a AC e pasará a realizar a proba de avaliación global para aprobar a materia.
Avaliación global:
Aqueles estudantes que renuncien ou perdan a opción de avaliación continua, serán avaliados mediante un exame final que supoñerá o 100% da cualificación da materia.
O exame será tipo test, con 4 opcións de resposta; cada resposta errónea restará 0.25 do total de respostas correctas.
Para superar a materia deberase acadar unha nota mínima de 5/10.
O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na web, nas AULAS 21 e 23.
2ª OPORTUNIDADE:
O non superar a materia en 1ª oportunidade, implica que na 2ª oportunidade optarase por avaliación global.
Compromiso ético:
Espérase que o estudantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados etc.)/ etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira oportunidade será de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.