Código |
Descrición |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B1 |
Ser capaz, no ámbito da enfermaría, de prestar unha atención sanitaria técnica e profesional axeitada ás necesidades de saúde das persoas que atenden, de acordo co estado de desenvolvemento dos coñecementos científicos de cada momento e cos niveis de calidade e seguridade que se establecen nas normas legais e deontolóxicas aplicables. |
B2 |
Saber planificar e prestar coidados de enfermaría dirixidos ás persoas, familias ou grupos, orientados, aos resultados en saúde, avaliando o seu impacto, a través de guías de práctica clínica e asistencial, que describen os procesos polos cales se diagnostica, trata ou coida un problema de saúde. |
B3 |
Saber aplicar os fundamentos e principios técnicos e metodolóxicos da enfermaría. |
B7 |
Saber comprender, sen prexuízos, as persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, como individuos autónomos e independentes, asegurando o respecto ás súas opinións, crenzas e valores, ademais de garantir o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o segredo profesional. |
B17 |
Realizar coidados de enfermaría baseándose na atención integral de saúde, que supón a cooperación multiprofesional, a integración dos procesos e a continuidade asistencial. |
C8 |
Aplicar as tecnoloxías e sistemas de información e comunicación dos coidados de saúde. |
C9 |
Coñecer os procesos fisiopatolóxicos e as súas manifestacións e os factores de risco que determinan os estados de saúde e enfermidade nas diferentes etapas do ciclo vital. |
C18 |
Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría. |
C49 |
Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia. |
D2 |
Capacidade de organización e planificación. |
D4 |
Resolución de problemas e toma de decisións. |
D5 |
Traballo en equipo, multidisciplinar e multilingüe. |