Guia docente 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría en saúde mental
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Actividades enfocadas á adquisición de coñecementos e habilidades
manipulativas e instrumentais sobre unha temática concreta.
20 C31
C32
C51
Estudo de casos Os estudos de caso veranse de dúas formas, cun 10% cada unha:
- Participación activa na clase.
- Traballos para facer na casa.
20 C10
C12
C24
C31
C32
C51
Exame de preguntas obxectivas - Consta dunha proba tipo test con aproximadamente 40 preguntas.Puntuación máxima dun 20%.

- Talleres: valorarase a participación e o traballo feito nos distintos talleres impartidos na clase. Nota máxima 20%
20 C10
C12
C24
C31
C32
C51
Exame de preguntas de desenvolvemento Examen final tipo oral. Consta de dúas partes, cada unha con unha pregunta de desenvolvemento puro e logo varias preguntas cortas e casos clínicos.

O exame será obrigatorio ainda que non sea necesario para aprobala asignatura.
40 C10
C12
C24
C31
C32
C51
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

Esta nota será a suma dun exame de preguntas tipo test, que puntuará o 20% do total, outro 20% do traballo e a participación nos talleres, ao que se lle suma un 10% de participación en clase e o traballo feito en clase. Por último, o outro 10% será o resultado do traballo autónomo do estudante.

O exame tipo test (estudo de casos) estará formado por 40 preguntas tipo test, con 4 posibles respostas das cales só unha é correcta. Restaranse 0.33 puntos por cada resposta incorrecta. Terán preguntas mesturadas de casos clínicos e puramente teóricas, cunha proporción variable, segundo o contido de cada parte.

O 20% restante da nota está proporcionado polo traballo e a participación no total dos talleres impartidos ao longo da asignatura.

Polo tanto, coa suma do exame tipo test, os talleres, a participación e o traballo do alumnado, tanto dentro do horario académico como fóra deste, podería chegarse ata un 6 sen contar co exame final (OBRIGATORIO).

Considerarase que o alumno terá aprobado a avaliación continua cando a suma total desta supere os 3 puntos (o 50%).

No caso de que o alumno aprobe estas metodoloxías, ten que presentarse ao exame final oral que puntuará o 40% restante. Este exame estará formado por 2 partes que poderán estar compostas por un conxunto de preguntas de desenvolvemento teórico, resolución de casos clínicos e/ou preguntas curtas.

De forma opcional, neste exame poderase liberar unha parte da materia, no caso de ter aprobado o exame tipo test cun 7.5 ou máis (o 15% do total da asignatura). Nese caso, as preguntas xirarán en torno á outra parte da materia non liberada.

No caso de que o alumno suspenda a avaliación continua, podería ter unha segunda oportunidade presentándose ao exame final oral, que contaría como o 100% da nota.

Exame oral: Constará de dúas partes teóricas, sendo cada unha o 40% do total da nota, máis o 20% restante que avaliará a propia presentación.

Para favorecer a obxectividade e a posibilidade de futuras revisións do exame, tomaranse as medidas oportunas para iso, como o uso de cámaras ou gravadoras durante o propio exame para gravalo.

Avaliación global: Exame oral único na data marcada como está descrito posteriormente. Puntuará sobre 10, sendo necesario ter un 50% deste para considerar aprobada a asignatura. Calquera alumno poderá presentarse ao exame final desta modalidade de avaliación global, despois de ter renunciado formalmente á avaliación continua.

Exame de 2ª oportunidade: No caso de ter que presentarse a este exame, o estudante optará polo 100% da nota final.

*EXAME ORAL: Estará formado por dúas partes, cada unha delas cunha única pregunta de desenvolvemento e un número indeterminado de preguntas curtas e casos clínicos.

Pregunta de desenvolvemento: Cada unha puntuará un total do 20% da nota final do exame. O tempo máximo será de 2 minutos, sendo o óptimo 1 minuto e medio. Comprensión do tema: avaliarase a capacidade do estudante para expoñer, comprender e analizar os conceptos clave relacionados co tema a expoñer. Nota máxima do 10% do total. Profundidade do coñecemento: avaliación da amplitude do coñecemento demostrado. Nota máxima do 5% do total. Organización e estrutura: avalía a forma de expoñer o tema, buscando un desenvolvemento lóxico e estruturado. Nota máxima do 5% do total.

Preguntas curtas e casos clínicos: Estará formado por un número indeterminado de preguntas e casos clínicos para averiguar o uso práctico e racional dos coñecementos, así como a súa aplicación. A nota máxima será do 20% en cada unha das partes.

Preguntas curtas e casos clínicos: Nas preguntas curtas avaliarase unicamente se se responden os conceptos clave preguntados. A nota máxima será do 10% do total. Nos casos clínicos avaliarase a precisión, a claridade e o raciocinio para xustificar, de forma crítica, as respostas argumentadas para resolver o tema. A nota máxima será do 10% do total.

Presentación Oral: Representa o 20% do total da nota. Neste apartado avaliarase a forma na que o alumno expón o exame na súa totalidade. Terase en conta a capacidade para xestionar o tempo asignado, a claridade e fluidez coa que desenvolve o tema. Os criterios poderían ser modificados lixeiramente no caso de que o propio exame, o alumno, as preguntas expostas ou outras situacións así o requiran, sempre pensando en favorecer ao alumno. Poderanse restar puntos á nota final pola falta de puntualidade do alumno, respostas divagatorias ou uso de linguaxe inapropiada ou pouco científica.

Matrícula de honra: Poderán optar á matrícula aqueles alumnos que teñan na nota global un 9 ou máis. No caso de haber máis do número máximo de matrículas que se poidan dar, terase en conta a nota máis alta, a participación e que optase por avaliación continua.

Código ético: Espérase do alumnado un compromiso ético adecuado. No caso de detectar un comportamento reprobable éticamente (como copiar, plaxiar, uso indebido de aparellos electrónicos ou falta de decoro) poderíase considerar que non reúne os requisitos necesarios para superar a materia, cualificándoo cun suspenso (0,0), segundo a normativa vixente da UVigo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000