Código |
Descrición |
C10 |
Identificar as respostas psicosociais das persoas ante as diferentes situacións da saúde (en particular, a enfermidade e o sufrimento), seleccionando as accións axeitadas para proporcionarlles axuda nesas situacións. |
C12 |
Utilizar estratexias e habilidades que permitan unha comunicación efectiva con pacientes, familias e grupos sociais, así como a expresión das súas preocupacións e intereses. |
C24 |
Identificar e analizar a influencia de factores internos e externos no nivel de saúde dos individuos e grupos. |
C31 |
Realizar as técnicas e procedementos de coidados de enfermaría, establecendo unha relación terapéutica cos enfermos e familiares. |
C32 |
Seleccionar as intervencións encamiñadas a tratar ou previr os problemas derivados das desviacións de saúde. |
C51 |
Coñecer os problemas de saúde mental máis relevantes nas diferentes etapas do ciclo vital, proporcionando coidados integrais e eficaces, no ámbito da enfermaría. |