O primeiro día de clase o profesorado expón os horarios de planificación da materia e titorías, e informa das opcións de avaliación (CONTINUA OU GLOBAL), para que elixan a que mellor se adapte ás súas necesidades. Asúmese avaliación continua, o rexeitamento desta elección da avaliación global comunicarase formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na páxina web. Avaliación continua (AC): O 20% das faltas inxustificadas supón a perda do dereito AC, sendo xustificadas: realización de exames, presenza en órganos colexiados, ingreso hospitalario e baixa por enfermidade ou médica (achegandoxustificante pertinente). A cualificación da AC obterase sumando as probas desenvolvidas na aula: TRABALLO CONVIDADO: Traballo de clínica sanitaria (30%), APRENDIZAXE BASADA EN PROXECTOS: Dinámica (30%) e EXAME (40%). Para continuar coa AC, o alumnado deberá asistir á dinámica cun máximo de 2 faltas A partir deste punto baremase a nota acadada xunto cotraballo final obrigatorio e o exame, cuxo mínimo esixido é acadar 4 puntos/10. Avaliación global (AG): Esta modalidade require a superación dun único exame global que representa o 100%. a. Nota mínima esixida para superar o exame con 5,00 puntos sobre 10. b. Total de 78 preguntas: 76 preguntas de opción múltiple (1 punto por pregunta) e 2 preguntas de desenvolvemento (2 puntos por pregunta). c. Só unha resposta correcta. d. Penalizan as respostas incorrectas no modo de opción múltiple. Cada pregunta non contestada correctamente supón un desconto de 0,33puntos. Terán 4 opcións de resposta. O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na páxina web, nas AULAS 21 e 23. 2ª OPORTUNIDADE: A non superación da materia en calquera das dúas modalidades na 1ª oportunidade implica que na 2ª oportunidade optarase pola avaliación global. CON HONRA: Para discernir a Lista de Honra no caso de idéntica calificación entre varios alumnas/os, utilízase como criterio de asignación o expediente académico da data en cuestión. Compromiso ético: Espérase que os estudantes mostren un comportamento ético adecuado. Se se detectan comportamentos pouco éticos (copias, plaxios, uso dedispositivos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final da primeira convocatoria será de suspenso (0,0). Non se permitirá o uso de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. TITORÍA: O alumnado ten á súa disposición un horario semanal para a resolución de dúbidas e/ou titorías presenciais que serán todos os martes ás17:00 horas, cuxa solicitude deberá realizarse previamente ao profesores especificando a orde do día do seu interese. |