Guia docente 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte do profesor/a dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. (ÓRGANOS DOS SENTIDOS).
Obradoiro Actividades prácticas a desenrolar na aula demostración na que o/s estudante/s de forma activa, ben de forma individual ou en grupo describe, analiza, e resolve en caso necesario, situacións concretas expostas ou simuladas polo profesor/a tendo en conta os contidos da materia desenrolados previamente. (PACIENTE NEUROCIRÚRXICO).
Resolución de problemas de forma autónoma Actividades nas que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O estudante debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios plantexados de forma autónoma polo docente correspondente. (PACIENTE NEUROCIRÚRXICO).
Instrucción programada Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O/a estudante debe desenvolvela segundo as directrices establecidas pola profesora responsable.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000