Guia docente 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Proba na que o estudante debe analizar un feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos. (ÓRGANOS DOS SENTIDOS). 20 A3
B7
C29
C30
C32
D1
D3
D4
D7
Obradoiro De forma GRUPAL exporanse casos e situacións a través das distintas ferramentas dispoñibles (soporte escrito, presentación audiovisual, simulación práctica, taller...) que os estudantes de forma activa/manipulativa tratarán de analizar e resolver segundo as directrices marcadas previamente polo profesor. (TALLER NEUROCIRURXÍA). 10 A3
B7
C28
C29
C30
C32
D1
D3
D4
D7
Resolución de problemas de forma autónoma Levarase a cabo durante cada unha das sesións de Neurocirurxía e versará sobre os contidos tratados ese día na aula. (PACIENTE NEUROCIRÚRXICO). 10 A3
B7
C28
C29
C30
C32
D1
D3
D4
D7
Instrucción programada Actividade proposta pola profesora correspondente que o/a estudante defenderá de forma autónoma segundo as directrices establecidas. Contará con rúbrica para a súa calificación. 20 A3
B7
C28
C29
C30
C32
D1
D3
D4
D7
Exame de preguntas obxectivas Proba para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. O estudante seleccionará unha resposta entre un número limitado de posibilidades (catro opcións de resposta).
Cada resposta incorrecta restará 0,25.
(20 Martín Ferro+20 Alicia Muiños).
40 B7
C28
C29
C30
C32
D1
D3
D4
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da asignatura e os horarios de titoría, e informan sobre as opcións de avaliación (CONTINUA OU GLOBAL). 

A elección individual do estudantado será comunicada ao centro, segundo a metodoloxía establecida para elo, e publicada na web.

AVALIACIÓN CONTINUA (AC):

O 20% de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito de AC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza de órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (adxuntando xustificante pertinente).

A calificación da avaliación continua obterase mediante a suma de tódalas metodoloxías integrantes, 5 en concreto . Será necesario acadar un mínimo de 4/10 en cada unha das metodoloxías que integran a asignatura, de carácter obrigatorio todas elas.

EXAME DE PREGUNTAS OBXETIVAS.: 40 PREGUNTAS TEST (20 preguntas Martín Ferro+20 preguntas Alicia Muiños). A data do exame coincidirá coa establecida no calendario oficial de exames (AULAS 21 e 23). Data compartida coa modalidade de avaliación global.

Aqueles estudantes que non poidan seguir a avaliación continua, ou renunciaran a ela, serán avaliados mediante o sistema de avaliación global.

IMPORTANTE: Toda a información necesaria para o desenvolvemento das distintas probas que compoñene a AC será divulgada en tempo e forma a través de MOOVI.

AVALIACIÓN GLOBAL (AG):

Realizarase un examen global que suporá o 90% da calificación da materia.

O exame será tipo test con catro opcións de resposta (cada resposta incorrecta restará 0,25) e constará de 80 preguntas (Preguntas: 35 Martín Ferro + 35 Alicia Muiños + 10 Dr Palomino). Ádemáis será OBRIGATORIA A REALIZACIÓN do OBRADOIRO de Neurocirurxía (10%).

Para optar ao aprobado, será necesario alcanzar un 5/10 en ambas metodoloxías.

IMPORTANTE: Toda a información necesaria para o desenvolvemento da modalidade de avaliación global será divulgada en tempo e forma a través de MOOVI.

2ª OPORTUNIDADE:

De non superar a asignatura en calquera das dúas modalidades na 1ª oportunidade, implicará acudir a 2ª oportunidade mediante a realización dun exame global tipo test composto por 100 preguntas con catro opcións de resposta. Cada resposta incorrecta restará 0,25. (40 Martín Ferro + 40 Alicia Muiños + 20 Julio Palomino).

MATRÍCULAS DE HONRA

Para discernir a matrícula de honra en caso de idéntica calificación entre varios estudantes, utilizarase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión.

COMPROMISO ÉTICO:

Espérase que o estudantado presente un comportamento ético axeitado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados...),  considerarase que o/a estudante non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a calificación final en primeira oportunidade, sera de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000