Guia docente 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Enfermaría clínica I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc. 20 A2
A3
D3
Obradoiro OBRADOIRO I:DRENAXES E TERAPIAS SEN CARGA: Os alumnos realizarán un obradoiro na aula de demostración

OBRADOIRO II: FERIDAS: Os alumnos realizarán un obradoiro sobre feridas na aula de demostración
40 A2
B2
C29
Exame de preguntas obxectivas EXAME
Proba para avaliación das competencias adquiridas até o momento que inclúe 50 preguntas tipo test con 4 opcións de resposta + 3 preguntas de reserva.
40 C28
C29
C30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN

O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os
horarios de titoría, e informan sobre as opcións de avaliación (CONTINUA Ou
GLOBAL), para que opten pola que máis se axuste ás súas necesidades.  Presuponse a avaliación global, o seu rexeitamento e opción de avaliación
final, será comunicada formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e
publicada na web. O 20 % de faltas de asistencia non xustificadas implica a
perda do dereito á EC

Avaliación Continua (EC): Os alumnos que opten pola avaliación continua,
serán avaliados da seguinte maneira:

·        
RESOLUCIÓN
DE CASO PRÁCTICO DE PACIENTE EN RELACIÓN AO PERIOPERATORIO (20%): Os alumnos
resolverán nunha hora un caso práctico composto por 20 preguntas curtas, de
maneira individual e por escrito, en horario lectivo sobre contidos impartidos
ata o momento en relación ao perioperatorio. A data será publicada en Moovi e
será anunciada pola coordinadora da materia na aula con antelación.

·         OBRADOIRO I:
DRENAXES E TERAPIAS SEN CARGA (20%): Os alumnos realizarán un taller sobre
drenaxes e terapias sen carga na aula de demostración. Serán avaliados do mesmo
mediante unha proba de tipo test composta por 20 preguntas de tipo test + 2 de
reserva a realizar en 45 minutos.
A data será publicada en Moovi e será anunciada pola coordinadora da materia na
aula con antelación.

·        
OBRADOIRO II:
FERIDAS (20%): Os alumnos realizarán un taller sobre feridas na aula de
demostración. Serán avaliados do mesmo mediante unha proba de tipo test
composta por 20 preguntas de tipo test + 2 de reserva a realizar en 45
minutos. A data será publicada en Moovi e
será anunciada pola coordinadora da materia na aula con antelación.

·        
EXÁMEN
FINAL (40%): O exame constará de 50 preguntas tipo test (+ 3 preguntas de
reserva) con 4 opcións de resposta e unha soa válida. Non será obrigatorio
responder a todas as preguntas. Aquelas que estean correctas computarán 1
punto, as erróneas restarán 0.25 puntos e as que estean en branco non
computarán. O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e
publicado na web do centro. Os alumnos contarán con 90 minutos para a
realización da proba.

O estudantado que siga avaliación continua, terá que obter unha nota mínima
de 4.0 sobre 10 en cada proba incluíndo o exame. En caso de non alcanzarse dita
cualificación, nas probas previas ao exame (caso práctico e talleres), o
estudante perderá a EC e pasará a realizar a proba de avaliación final para
aprobar a materia.  Aqueles estudantes
que non poidan seguir a EC e/o renunciasen a esta,  serán avaliados mediante avaliación global.

 

Avaliación global: Aqueles alumnos que opten pola avaliación global, serán
avaliados da seguinte maneira:

·        OBRADOIRO I:
DRENAXES E TERAPIAS SEN CARGA (20%): Os alumnos realizarán un taller sobre
drenaxes e terapias sen carga na aula de demostración. Serán avaliados do mesmo
mediante unha proba de tipo test composta por 20 preguntas de tipo test + 2 de
reserva. A data será publicada en Moovi e será anunciada pola coordinadora da
materia na aula con antelación. Será un taller de asistencia obrigatoria; en
caso de non asistir a materia non poderá ser superada. Ademais, terá que obter
unha nota mínima de 4.0 sobre 10.

·        
EXÁMEN
FINAL (80%): O exame constará de 80 preguntas tipo test (+ 3 preguntas de
reserva) con 4 opcións de resposta e unha soa válida. Non será obrigatorio
responder a todas as preguntas. Aquelas que estean correctas computarán 1
punto, as erróneas restarán 0.25 puntos e as que estean en branco non
computarán. Será necesario obter unha nota igual ou superior ao 5 sobre 10 para
poder facer media co resto de probas da materia. O exame realizarase na data
establecida no calendario oficial e publicado na web. Os alumnos contarán con 100
minutos para a realización da proba.

 

2ª OPORTUNIDADE:

O non superar a materia en calquera das dúas modalidades en 1ª
oportunidade, implica que na 2ª oportunidade optarase por avaliación global,
pero neste caso só se realizará un exame de tipo test composto por 100
preguntas tipo test (+ 3 preguntas de reserva) con 4 opcións de resposta e unha
soa válida. Non será obrigatorio responder a todas as preguntas. Aquelas que
estean correctas computarán 1 punto, as erróneas restarán 0.25 puntos e as que estean
en branco non computarán. O exame realizarase na data establecida no calendario
oficial e publicado na web. Os alumnos contarán con 120 minutos para a
realización da proba.

MATRÍCULA DE HONRA:

Para discernir a Matrícula de Honra en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilízase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión.  

COMPROMISO ÉTICO:

Espérase que o estudantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados etc.)/ etc.), considerarase que non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0), segundo normativa vixente da UVigo. Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000