O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os horarios de titoría, e informan as opcións de avaliación (CONTINUA Ou GLOBAL), para que opten pola que máis se axuste ás súas necesidades.
A súa elección será comunicada ao centro, segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web.
Avaliación Continua (AC):
O 10 % de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á AC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (achegando xustificante pertinente).
A cualificación da AC obterase mediante a suma das probas desenvolvidas na aula: estudo de casos (20%), seminario (20%) e o 60 % restante mediante dous exames de preguntas obxectivas.
A realización do seminario é obrigatoria. Parcial I (30%), en horario lectivo, na data publicada en moovi Parcial II (30%), esta coincide coa establecida para a avaliación global , pero o estudiantado que siga avaliación continua, verase liberado dos contidos xa avaliados, tendo en conta que se deberá obter unha nota mínima de 5.0 sobre 10, en cada proba (inclusive o exame). En caso de non alcanzarse dita cualificación, nas probas previas ao exame, o estudante perderá a AC e pasará a realizar a proba de avaliación final para aprobar a materia. Aqueles estudantes que non poidan seguir a AC e/ou renuncien a esta, serán avaliados mediante unha proba final que suporá o 100% da cualificación da materia.
Avaliación global:
Realizarase un exame global que supón o 80 % de cualificación da materia, dado que o 20 % do seminario é obrigatorio. Será tipo test con 4 opcións de resposta; cada resposta errónea restará 0.25 do total das respostas correctas. Para superar a materia deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10. O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na web, nas AULAS 21 e 23.
2ª OPORTUNIDADE: O non superar a materia en calquera das dúas modalidades en 1ª oportunidade, implica que na 2ª oportunidade optarase por avaliación global.
Compromiso ético: Espérase que o estudiantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. |