A materia pretende proporcionar ao alumno de Enfermería as habilidades lingüísticas básicas que lle permitirán usar o inglés no ámbito profesional e académico.
Os contidos da materia introducen ao alumno na terminoloxía das ciencias da saúde e potencian a súa capacidade de realizar tarefas comunicativas en inglés na área da enfermería:
traballar con textos da materia, para adquirir o vocabulario básico referente á contorna clínica e ao sistema sanitario
comunicarse oralmente e por escrito con pacientes e profesionais da saúde, sendo capaz de informar e conversar, a un nivel suficiente, sobre diagnóstico e tratamentos, resolvendo dúbidas ou consultas dos pacientes ou familiares.
entender suficientemente a linguaxe en conferencias sobre temas profesionais,
consultar bibliografía específica, etc. así
como ser capaz de utilizar o vocabulario específico relacionado co ámbito sanitario: anatomía, síntomas, síndromes e enfermidades, formularios, equipo interdisciplinar, así como as estruturas dos textos científicos.