Avaliación continua: Os alumnos farán ao longo do curso unha serie de probas calificadas: Traballo en equipo e exposición oral en inglés co 20% do valor total da nota Exercicio de listening co 20% do valor total da nota Exame de preguntas obxectivas sobre o vocabulario técnico co 20% do valor total da nota. No exame de xuño farán dous exercicios: unha tradución e unha compresión dun texto, co 40% do valor total da nota. No caso de que algunha das probas de vocabulario non se aprobaran ao longo do curso, deberán repetirse no exame de xuño, co que éste tería un valor do 60% do valor total da nota. Avaliación global: Farán a proba de listening na data anunciada na aplicación Moovi co valor do 20% do valor total. Na data oficial do exame realizarán exercicios de vocabulario, comprensión dun texto, tradución, entrega do traballo escrito e exposición oral do mesmo co 80% do valor total da nota final. Todos os alumnos deberán facer todas as probas (vocabulario, traballo e exposición, tradución, listening e compresión de texto) para poder aprobar a materia. |