Guia docente 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Fundamentos de enfermaría
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Valorarase a participación activa e cumprimento de instrucións. 20 B1
C18
D2
D4
D7
Estudo de casos Mediante a presentación dun caso o alumno deberá aplicar os coñecementos adquiridos na materia, desenvolvendo un PAE. 20 B1
B2
B5
B6
B8
B15
B17
D2
D3
D4
D7
Resolución de problemas Resolución de casos prácticos: Competencias de enfermaría. Teorías e modelos de enfermaría. 20 A2
A3
A4
B1
B2
B5
B6
B8
B15
B17
D1
D2
D3
D4
D7
Exame de preguntas obxectivas Preguntas tipo test con 4 opcións de resposta e soamente 1 correcta. Restan as respostas incorrectas. 40 A1
B1
B2
B5
B6
B17
C15
C17
C18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O estudiantado pode optar por avaliación continua ou avaliación global, segundo as súas necesidades individuais. 

Presuponse a avaliación continua, o rexeitamento a esta e a elección de avaliación global, será comunicada formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web.

Avaliación continua (AC):
Asistencia obrigatoria. O 20% de faltas non xustificadas implica a perda do dereito á avaliación continua, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (achegando xustificante pertinente).

A cualificación da AC, obterase da suma de cada unha das probas: SEMINARIO (20%), ESTUDO DE CASOS (20%), RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS (20%) e EXAME DE PREGUNTAS OBXECTIVAS (40%).

O exame constará de 80-100 preguntas tipo test, con 4 opcións de resposta; cada erro resta 0.25 do cómputo total de correctas.

Os exames realizaranse nas aulas 21 e 23, na data establecida segundo o calendario oficial publicado na web do centro.

Deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10 en cada metodoloxía avaliada, en caso de non alcanzar esta cualificación, o estudante perderá a AC.


Avaliación global (AG):
O estudiantado que renuncie ou perda a avaliación continua, optará a unha proba final cun valor do 80% dado que o seminario (10%) e o estudo de casos é obrigatorio.

O exame constará de 80-100 preguntas tipo test, con 4 opcións de resposta; cada erro resta 0.25 do cómputo total de correctas.

Os exames realizaranse nas aulas 21 e 23, na data establecida segundo o calendario oficial publicado na web do centro.

Deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10 en cada metodoloxía avaliada para superar a materia.


2ª OPORTUNIDADE:
O non superar a materia en calquera das dúas modalidades en 1ª oportunidade, implica que na 2ª oportunidade, o estudiantado optará a un exame global que suporá o 100% da nota.

O exame constará de 100 preguntas, con 4 opcións de resposta; cada erro resta 0.25 do cómputo total de correctas.

Deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10 para superar a materia.


MATRÍCULA DE HONRA:
Para discernir a Matrícula de Honra en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilízase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión.


Compromiso ético:
Espérase que o estudiantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, uso de aparellos electrónicos non autorizados. etc.) considerarase que non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0). Non se permitirá o uso de ningún dispositivo durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000