Guia docente 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Proba na que un alumnado debe analizar un feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. 20 A2
A3
B4
B7
C14
C50
D1
D3
D7
Resolución de problemas Análise dun tema asignado polo docente. No que se realizará un traballo grupal e exporase como presentación na aula.
Tras a previa supervisión e corrección por parte do docente
20 A2
A3
B4
B7
C14
C50
D1
D3
D7
Exame de preguntas obxectivas O exame será unha proba obxectiva de 40 preguntas tipo test (aprobarase a partir do 5/10). 4 opcións de resposta. Cada resposta errónea, resta 0,25 do valor das correctas. 20 A2
A3
B4
B7
C14
C50
D1
D3
D7
Exame de preguntas obxectivas O exame será unha proba obxectiva de 80 preguntas tipo test (aprobarase a partir do 5/10). 4 opcións de resposta. Cada resposta errónea, resta 0,25 do valor das correctas. 40 A2
A3
B4
B7
C14
C50
D1
D3
D7
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O primeiro día de clase os docentes expoñerán a planificación da materia e os horarios de titoría, e informarán sobre as opcións de avaliación (AC/AG) para que elixan a que máis se axuste ás súas necesidades.

Presuponse a avaliación continua, o rexeitamento a esta e a elección de avaliación global, será comunicada formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web.

O 20% das faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á AC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (achegando xustificante pertinente).

AVALIACIÓN CONTINUA (AC):

- A cualificación está formada por ESTUDO DE CASOS (20%) , RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS (TRABALLO TUTORIZADO)  (20%)  EXAME PARCIAL (20%)  e EXAME FINAL (40%). Deberase alcanzar unha nota mínima de 5/10 para que poida computar a AC, de non alcanzarse esta nota ou perder a AC por faltas de asistencia, a cualificación obteríase por AG. 

- Elabórase traballo en grupo con titorías e posterior exposición en clase (supón o 20% da cualificación).

- Realízase en clase estudo de casos de maneira oral e escrita (supón o 20% da cualificación). Valorarase  mediante a participación activa en clase e traballos individuais.

- Realizarase un exame parcial de materia tipo test (supón o 20% da cualificación). 4 opcións de resposta. Cada resposta errónea, resta 0,25 do valor das correctas.

- Realizarase un exame final tipo test de 80 preguntas (supón o 40% da cualificación).4 opcións de resposta. Cada resposta errónea, resta 0,25 do valor das correctas. 

Aínda en caso de ir conseguindo resultados satisfactorios no itinerario mencionado, o estudante tamén pode optar a proba de avaliación final para mellorar a nota, na que sempre se respectará a cualificación obtida na avaliación continua.

Avaliación global (AG):

O exame será unha proba obxectiva de 80 preguntas tipo test (aprobarase a partir do 5/10). 4 opcións de resposta. Cada resposta errónea, resta 0,25 do valor das correctas.

Se o estudante elixe esta modalidade, ou perde o dereito da avaliación continua, pode asistir a clases e participar nos traballos (non recibindo cualificación), pero ha de superar unha proba tipo test  que fai referencia a todos os contidos abordados no curso e compartidos en moovi, (exposicións do profesor e traballos do alumnado).

Datas de exames de 1.ª e 2.ª oportunidade, publicaranse na web do centro. AULAS 21 e 23.

2.ª OPORTUNIDADE

O non superar a materia en calquera das dúas modalidades (EC/EG) en 1.ª oportunidade, implica que na 2.ª oportunidade optarase por avaliación global (100% CUALIFICACIÓN) .

MATRÍCULA DE HONRA

Para discernir a Matrícula de Honra en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilízase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión.

Compromiso ético:

Espérase que o estudantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados, etc), considerarase que non reúne os requisitos necesarios àra superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0), segundo normativa vixente da Uvigo.no permitirase a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000