Guia docente 2024_25
Escola Universitaria de Enfermaría Povisa
Grao en Enfermaría
 Materias
  Anatomía humana: Anatomía humana
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas O exame final constará de 40 preguntas tipo test (+3 preguntas de reserva) con 4 opcións de resposta e unha soa válida. Non será obrigatorio responder a todas as preguntas. Aquelas que estean correctas computarán un punto, as erróneas restarán 0.25 e as que estean en branco non computarán. Os alumnos dispoñerán de 60 minutos para a realización da proba. 40 C1
Práctica de laboratorio PRÁCTICA DE LABORATORIO I: Os alumnos serán avaliados de cada unha das prácticas de laboratorio de ósos e modelos anatómicos mediante unha proba tipo test composta por 20 preguntas (+2 de reserva). Estas probas realizaranse o día de clase posterior á realización da práctica, sendo obrigatoria a asistencia previa á práctica. 20 A1
C1
D1
D7
D8
Práctica de laboratorio PRÁCTICA DE LABORATORIO II: Os alumnos serán avaliados de cada unha das prácticas de laboratorio de ósos e modelos anatómicos mediante unha proba tipo test composta por 20 preguntas (+2 de reserva). Estas probas realizaranse o día de clase posterior á realización da práctica, sendo obrigatoria a asistencia previa á práctica. 20 A1
C1
D1
D7
D8
Práctica de laboratorio PRÁCTICA DE LABORATORIO III: Os alumnos serán avaliados de cada unha das prácticas de laboratorio de ósos e modelos anatómicos mediante unha proba tipo test composta por 20 preguntas (+2 de reserva). Estas probas realizaranse o día de clase posterior á realización da práctica, sendo obrigatoria a asistencia previa á práctica. 20 A1
C1
D1
D7
D8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN

O primeiro día de clase os docentes expoñen a planificación da materia e os horarios de titoría, e informan sobre as opcións de avaliación (CONTINUA ou GLOBAL), para que elixan a que máis se axuste ás súas necesidades.  Presuponse a avaliación continua, o rexeitamento a esta e a elección de avaliación global, será comunicada formalmente segundo a metodoloxía establecida para iso e publicada na web.

Avaliación Continua (AC): O 20 % de faltas de asistencia non xustificadas implica a perda do dereito á AC, considerándose faltas xustificadas: a realización de exames, a presenza en órganos colexiados, o ingreso hospitalario e a enfermidade ou baixa médica (anexando xustificante pertinente).  A cualificación da EC obterase mediante a suma das probas desenvolvidas na aula:  PRÁCTICA DE LABORATORIO I (20%), PRÁCTICA DE LABORATORIO II (20%), PRÁCTICA DE LABORATORIO III (20%) e  EXAME (40%). Deberase alcanzar unha nota mínima de 4/10 en cada metodoloxía para computar a avaliación continua. A data da realización das prácticas de laboratorio será comunicada polo coordinador da materia ao estudantado en clase con antelación.

Cada práctica de laboratorio avaliarase mediante unha proba tipo test composta por 20 preguntas (+2 de reserva). Estas probas realizaranse o día de clase posterior á realización da práctica, sendo obrigatoria a asistencia previa á práctica. Será obrigatoria a asistencia ás tres prácticas de laboratorio, así como a realización posterior das tres probas de avaliación.

O exame final constará de 40 preguntas tipo test (+3 preguntas de reserva) con 4 opcións de resposta e unha soa válida. Non será obrigatorio responder a todas as preguntas. Aquelas que estean correctas computarán un punto, as erróneas restarán 0.25 e as que estean en branco non computarán. Os alumnos dispoñerán de 60 minutos para a realización da proba. O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicada na web, nas AULAS 21 e 23.

Aqueles estudantes que non sigan ou perdesen a AC,  serán cualificados mediante avaliación global.  


Avaliación global (AG): Aqueles alumnos que opten pola avaliación global, serán avaliados da seguinte maneira:

• PRÁCTICA DE LABORATORIO III: (20%): Os alumnos realizarán a práctica de laboratorio que será de asistencia obrigatoria. Serán avaliados do mesmo mediante unha proba de tipo test composta por 20 preguntas de tipo test + 2 de reserva. A data será anunciada polo coordinador da materia na aula e través de MOOVI con antelación. Será un taller de asistencia obrigatoria; en caso de non asistir a materia non poderá ser superada. Ademais, terá que obter unha nota mínima de 4.0 sobre 10. 

• EXAME FINAL (80%): O exame constará de 80 preguntas tipo test (+ 3 preguntas de reserva) con 4 opcións de resposta e unha soa válida. Non será obrigatorio responder a todas as preguntas. Aquelas que estean correctas computarán 1 punto, as erróneas restarán 0.25 puntos e as que estean en branco non computarán. Será necesario obter unha nota mínima de 5/10  para poder facer aprobar a materia e computar o taller. O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicado na web. Os alumnos disporán de 90 minutos para a realización da proba.


2ª OPORTUNIDADE: 
O non superar a materia en calquera das dúas modalidades en 1ª oportunidade, implica que na 2ª oportunidade optarase por avaliación global, pero neste caso só se realizará un exame tipo test composto por 80 preguntas (+ 3 preguntas de reserva) con 4 opcións de resposta e unha soa válida. Non será obrigatorio responder a todas as preguntas. Aquelas que estean correctas computarán 1 punto, as erróneas restarán 0.25 puntos e as que estean en branco non computarán. 
Suporá o 100% da calificación final. 

O exame realizarase na data establecida no calendario oficial e publicado na web. Os alumnos contarán con 90 minutos para a realización da proba.


MATRÍCULA DE HONRA:
Para discernir a Matrícula de Honra en caso de idéntica cualificación entre varios estudantes, utilízase como criterio de asignación o expediente académico na data en cuestión.  

COMPROMISO ÉTICO:
Espérase que o estudantado presente un comportamento ético adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos electrónicos non autorizados etc.)/ etc.), considerarase que non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final en primeira convocatoria será de suspenso (0,0), segundo normativa vixente da UVigo. Non se permitirá a utilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo autorización expresa. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000