PRÁCTICAS CLÍNICAS NOS CENTROS DE SAÚDE: a distribución das porcentaxes para superar esta parte son: 40% autoavaliación do estudante, 30% caso domiciliario, e 30% avaliación do titor no centro de saúde. PRÁCTICAS CLÍNICAS NAS UNIDADES ESPECIAIS: a distribución das porcentaxes para superar esta parte son: 100% avaliación do titor das unidades especiais. PRÁCTICAS DE LABORATORIO/SIMULACIÓN: a distribución das porcentaxes para superar esta parte son: Profesora Concepción: 40% proba de avaliación e 10% participación nos grupos de traballo. Profesores David e Aarón: 40% proba de avaliación e 10% participación nos grupos de traballo. OBRADOIROS: a asistencia os obradoiros e obrigatoria, e corresponde o 4% da nota final. ASPECTOS COMUNS A MATERIA: - Ausencias: seguirase a normativa estipulada na guía de prácticas clínicas (en Moovi e na páxina web). A nota final virá dada pola suma e media ponderada de todas as partes avaliadas, sendo una condición esencial aprobar cada módulo por separado. Calquera información relacionada co progreso desta materia estará disponible para os estudantes na plataforma MOOVI. É imprescindible superar esta materia para cursar prácticas clínicas V. A avaliación de xullo será de continuidade para alcanzar as competencias non acadadas en xaneiro. Perseguirase o plaxio nos traballos e o uso inxustificado de programas de intelixencia artificial. |