Esta materia achegará os coñecementos, habilidades e destrezas necesarias para o manexo das intervencións e actividades, relacionadas cos coidados, que se corresponden, en xeral, coas necesidades básicas do ser humano e as súas posibles alteracións e, específicamente, cos coidados relacionados coa atención que presta a enfermería en determinadas situacións de saúde/enfermidade:
- Atención de enfermaría ás persoas sometidas a intervención cirúrxica.
- Atención de enfermaría ás persoas con trastornos da función respiratoria, renal e urinaria, endocrina e metabólica, dixestiva, cardiovascular, neurolóxicas, con trastornos da función muscular e esquelética e con alteracións da función cognitivo/perceptiva.