Educational guide 2024_25
Escola Universitaria CEU de Maxisterio de Vigo
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Recursos para o ensino das matemáticas
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación da materia. Recollida de información sobre os coñecementos do alumnado sobre recursos na aula de matemáticas.
Lección maxistral Exposición por parte do docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Resolución de problemas Ao longo do curso formularanse unha serie de problemas, tanto por parte do docente como do alumnado, para desenvolver habilidades, destrezas e procedementos no ámbito matemático. Importante a presenza e a manipulación de diferentes recursos e materiais. Realizaranse tanto de maneira individual como en grupo.
Presentación Exposición oral por parte do alumnado sobre contidos relacionados coa materia, resultados de problemas, traballos, reflexións sobre a práctica docente nunha aula de Educación Primaria... Realizarase tanto de maneira individual como en grupo.
Traballo tutelado O estudante, de maneira individual ou en grupo, elaborará intervencións educativas no que mostrará o seu coñecemento do currículo de Educación Primaria e como introducir o uso de materiais na aula para favorecer unha aprendizaxe significativa. Completarase con reflexións persoais, a partir da procura e lectura de documentos que permitan profundar ou complementar a temática tratada nas clases.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000