Presentación |
Exposición oral dos resultados obtidos nun traballo práctico. |
20 |
|
|
|
|
Durante o cuatrimestre levarase a cabo unha avaliación continua do alumnado na que se valorará a asistencia e participación activa nas clases. As persoas que asistan a clase menos dun 80% terán que presentarse a un exame global (70%) nas datas propostas polo centro (https://www.escuelamagisterioceuvigo.es/) e entregar un traballo individual (30%). O alumnado que, por causas debidamente xustificadas, non poida asistir a clase desde o principio de curso terá que poñerse en contacto coa profesora no primeiro mes de clase. É condición indispensable aprobar cada unha das partes por separado. Con nota inferior a 5 non se fará media. Para os traballos e entregas propostas daranse datas de entrega inamovibles. Cada falta de ortografía descontará 0,20 puntos da nota final de todos aqueles documentos escritos que se entreguen á profesora. O alumnado repetidor deberá acollerse aos criterios de avaliación da guía docente vixente no presente curso. |