Guia docente 2024_25
Escola Universitaria CEU de Magisterio de Vigo
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Didáctica das artes plásticas e visuais
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Didáctica das artes plásticas e visuais Código V51G120V01401
Titulación
Grao en Educación Primaria
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 2 2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Departamento da E.U. de Formación de Profesorado de E.X.B. (Vigo)
Coordinador/a
Santos Hermo, Alberto
Correo-e alberto.santoshermo@ceu.es
Profesorado
Santos Hermo, Alberto
Web
Descrición xeral A finalidade primeira da didáctica das artes plásticas e visuais é proporcionar ao alumnado unha formación artística e didáctica de calidade. Tanto no que se refire á capacidade de formalizar e interpretar producións de arte nos seus diversos ámbitos e territorios, (como concepto ampliado), como no que se refire á capacidade de reelaborar os mencionados contidos para facilitar a formación dos/as nenos/as (de 6 a 12 anos).
A tarefa é construír o sustrato de coñecemento teórico necesario, combinado cunha serie de destrezas e habilidades formáis que armen ao alumnado dunha capacidade crítica e creativa que lle permita desenvolver ferramentas de aprendizaxe, valoración e coñecemento coas que traballar no eido da educación primaria. Traballaremos no obradoiro con rutinas procedimentais e elaboracións técnicas simultáneamente ao estudo de contidos xerais da historia da arte. Estas tarefas convivirán coa análise e o traballo dentro dos novos espazos da arte e as novas ferramentas visuais, audiovisuais e tecnolóxicas coas que abordaremos posibilidades de traballo vinculadas ás linguaxes actuais próximas e intuitivas para os rapaces cos que os nosos/as alumnos/as terán que traballar.
As rutinas habituais durante o curso académico alternarán a producción práctica coa reflexión teórica, o traballo de campo e as propostas de ferramentas didácticas específicas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000