Departamento da E.U. de Formación de Profesorado de E.X.B. (Vigo)
Coordinador/a
Santos Hermo, Alberto
Correo-e
alberto.santoshermo@ceu.es
Profesorado
Santos Hermo, Alberto
Web
Descrición xeral
A finalidade primeira da didáctica das artes plásticas e visuais é proporcionar ao alumnado unha formación artística e didáctica de calidade. Tanto no que se refire á capacidade de formalizar e interpretar producións de arte nos seus diversos ámbitos e territorios, (como concepto ampliado), como no que se refire á capacidade de reelaborar os mencionados contidos para facilitar a formación dos/as nenos/as (de 6 a 12 anos).
A tarefa é construír o sustrato de coñecemento teórico necesario, combinado cunha serie de destrezas e habilidades formáis que armen ao alumnado dunha capacidade crítica e creativa que lle permita desenvolver ferramentas de aprendizaxe, valoración e coñecemento coas que traballar no eido da educación primaria. Traballaremos no obradoiro con rutinas procedimentais e elaboracións técnicas simultáneamente ao estudo de contidos xerais da historia da arte. Estas tarefas convivirán coa análise e o traballo dentro dos novos espazos da arte e as novas ferramentas visuais, audiovisuais e tecnolóxicas coas que abordaremos posibilidades de traballo vinculadas ás linguaxes actuais próximas e intuitivas para os rapaces cos que os nosos/as alumnos/as terán que traballar.
As rutinas habituais durante o curso académico alternarán a producción práctica coa reflexión teórica, o traballo de campo e as propostas de ferramentas didácticas específicas.