A lexislación esixe que o futuro docente posúa, ademais dunha extensa e profunda formación en aspectos psicopedagóxicos, un dominio da ferramenta básica e imprescindible en todo proceso de comunicación: a lingua española. Ademais do coñecemento dos principios básicos e científicos de disciplinas lingüísticas que se ocupan da lingua española, as destrezas, que os profesores deben perfeccionar nas clases, para alcanzar os obxectivos inherentes á aprendizaxe: capacidade lectora, a expresión oral, a expresión escrita e a análise
e interpretación de textos orais e escritos.