Guia docente 2024_25
Escola Universitaria CEU de Magisterio de Vigo
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Psicoloxía: Psicoloxía do desenvolvemento de 6 a 12 anos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Realización dunha proba avaliativa escrita ao final do cuatrimestre que poderá contar con preguntas tanto de respostar de forma curta ou tipo test como de desenvolver de forma extensa. 40 D1
D2
D8
D9
Traballo Presentación escrita e oral dun traballo realizado en grupo sobre un tema proposto pola profesora. 35 D1
D2
D9
D16
D17
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución satisfactoria de propostas, participación activa, actitude e aproveitamento do alumno/a no desenvolvemento de diferentes actividades propostas pola docente. 25 A1
A2
A3
A4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para o alumnado que siga a avaliación continua, os traballos serán obrigatorios. Requírese asistencia regular e participación activa en polo menos o 80% das sesións, tanto en horas teóricas como prácticas.


En liñas xerais buscarase unha AVALIACIÓN CONTINUA na que se teñan en conta tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa participación activa e responsable no proceso de aprendizaxe e no seu resultado final.

Seguir a modalidade de avaliación continua non garante a superación da materia. É necesario superar unha proba obxectiva, así como realizar actividades programadas na aula. Mentres non se aprobe o exame, non se valorarán as cualificacións dos traballos tutelados, así como o traballo realizado na aula.
En relación coas actividades a impartir, comunicaráselle ao alumno en que días debe facelo, tanto en tarefas individuais como en grupo, en función do número de alumnos matriculados na materia.
Aqueles alumnos que non superen a materia en primeira convocatoria conservarán a nota daqueles traballos/actividades superados e terán que realizar de novo o exame e os traballos/actividades non superados.

AVALIACIÓN GLOBAL: Aqueles alumnos que non asistan a clase ou se ausenten a máis do 20% do total das clases impartidas (6 días, 12 horas) deberán acollerse ao sistema de avaliación global que se desenvolverá segundo o establecido nos artigos 19 e 21. do Regulamento de Avaliación, Cualificación e Calidade da Ensinanza e do Proceso Docente do Alumnado, aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023.
Todos os traballos copiados e plaxiados serán penalizados na avaliación.


Titorías e exames: Consultar páxina web.
O profesor está a disposición do alumnado para recibir titorías colectivas e individuais, co fin de reforzar contidos ou actividades complementarias relacionadas coa materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000