Recoméndase encarecidamente a lectura detida e traballada da presente Guía Docente, consultando nas primeiras horas da mesma calquera dúbida que poida xurdir.
Tamén se recomenda -desde o momento en que o alumno ou a alumna tome conciencia de que desexa cursar dita materia- a consulta frecuente e variada dos Portais Educativos oficiais dispoñibles na web, especialmente o do Ministerio de Educación e o da Consellería Educativa de Galicia, así como a sección de Educación e Formación da Comisión Europa.
A familiarización coa Plataforma institucional a través da Intranet e Mircrosoft 365, da que poderán dispor unha vez matriculados na Escola Universitaria Maxisterio CEU de Vigo, será un requisito imprescindible para o desenvolvemento da materia; inclúe a aceptación das esixencias da mesma en canto a datos, uso de micrófonos, cámaras, etc. que se consideren necesarios para o desenvolvemento da mesma. |