Traballo tutelado |
Elaboración de traballos orais/escritos orixinais a partir de lecturas de libros, de artigos, de conferencias realizadas por poñentes de prestixio, etc. que permitan afondar ou complementar os contidos da materia.
Estes traballos, así como a súa cualifación específica, serán indicados nas diferentes sesións de traballo.
|
30 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
B1
|
C43 C44 C46 C48
|
D1 D2 D3 D6 D7 D8 D13 D14 D16 D17 D18
|
O sistema de avaliación pretende facer ao alumnado partícipe do seu proceso de aprendizaxe. En liñas xerais procurarase unha AVALIACIÓN CONTINUA na que se terá en conta tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa participación activa e responsable no proceso de aprendizaxe e no seu resultado final. A cualificación final do sistema de avaliación continua será o resultado da suma das distintas notas obtidas das actividades realizadas, segundo as porcentaxes asignadas, tal como queda estipulado no cadro superior. Para aprobar a materia hai que superar os traballos e o exame. Mentres non se aprobe o exame non se sumarán as notas dos traballos tutelados e do traballo en clase. Aqueles alumnos que non aproben a materia na primeira convocatoria manteráselles a nota daqueles traballos/actividades superados, pero terán que realizar novamente o exame e os traballos/actividades non superados na segunda convocatoria. AVALIACIÓN GLOBAL: Aquel alumnado que non asista a clase ou se ausente máis dun 20% do cómputo total das aulas impartidas (6 días, 12 horas) deberá acollerse ao sistema de avaliación global que se desenvolverá segundo o establecido nos artigos 19 e 21 do Regulamento sobre Avaliación, a Cualificación e a Calidade da Docencia e do Proceso de Ensino do Estudantado, aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023. Todo traballo copiado, plaxiado ou realizado pola IA será cualificado cun 0. Descontarase 0,25 puntos por cada erro ortográfico. |