Corrección de actividades iniciadas na aula. Orientacións sobre os criterios para a elección de traballos que deben realizar. Aclaración de todas as dúbidas que expoña o alumnado. Exposición de traballos.
Traballo tutelado
Elaboración de textos orais e/ou escritos sobre algún aspecto concreto que se especificará na aula para os cales o alumnado deberá procurar información, manexar bibliografía, etc.
Lección maxistral
Exposición por parte da profesora dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices de traballos, exercicios ou proxectos a desenvolver polo estudantado.