A materia trata de aproximarse ó coñecemento do proceso de adquisición da linguaxe, e aprender a crear e programar estratexias didácticas que acompañen o desenvolvemento da linguaxe oral como medio de expresión e de comunicación, así como tamén a aproximación á lingua escrita a partir da maduración neuromotora e da exercitación dos mecanismos que interveñen no acto de ler e de escribir, atendendo ó papel da literatura infantil nos seus aspectos oral e escrito.