O concepto actual de saúde baséase nunha visión integral do ser humano, que inclúe, ademais dunha percepción física e psicolóxica, novas dimensións sociais e ambientais. Neste marco, a educación para a saúde convértese nun elemento esencial para o desenvolvemento integral das persoas. E hai que entendelo no contexto da promoción da saúde, que inclúe non só actuacións a nivel individual, senón tamén accións dirixidas a mellorar as condicións de vida de toda a comunidade.
O Decreto polo que se establecen as bases da Educación Infantil en Galicia establece como finalidade principal a de contribuír ao desenvolvemento físico, emocional, social e intelectual das nenas e dos nenos.