Código |
Descrición |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B2 |
Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva. |
B3 |
Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos. |
B5 |
Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia. |
B7 |
Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia. |
C11 |
Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar. |
C12 |
Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá. |
C29 |
Valorar a importancia do traballo en equipo |
C44 |
Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita. |
C65 |
Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes de 0-3 anos e de 3-6 anos. |
D1 |
Capacidade de análise e síntese |
D3 |
Comunicación oral e escrita |
D4 |
Coñecemento de lingua estranxeira |
D7 |
Resolución de problemas |
D8 |
Toma de decisións |
D9 |
Traballo en equipo |
D13 |
Razoamento crítico |