A ficha persoal, cos datos persoais e a foto pegada, debe entregarse nas dúas primeiras semanas de clase. O sistema de avaliación pretende facer o alumnado partícipe do seu proceso de aprendizaxe. En liñas xerais procurarase unha avaliación continua, formativa e global, polo que se terán en conta tanto os coñecementos previos do alumnado como a súa participación activa e responsable no proceso de aprendizaxe e o resultado final de dito proceso. A cualificación final da materia será o resultado da suma das distintas notas obtidas das actividades realizadas,
segundo as porcentaxes asignadas, tal como queda estipulado no cadro superior. É dicir, a cualificación final será a suma da
nota do exame final (40%), resolución de problemas (30%), dos exames parciais (20%) e do traballo final (10%).
Para aprobar a materia hai que superar os traballos e o exame. É imprescindible entregar todos os traballos para poder aprobar a materia. O alumnado que non entregue algún traballo, suspenderá a materia e deberá presentar na convocatoria de xullo, todo o que non entregou. Mentres non se aprobe o exame non se sumarán as notas
do traballo tutelado e do traballo en clase. Aqueles alumnos que non aproben a materia da primeira convocatoria manteráselles a nota daqueles traballos/actividades superados e terán que realizar novamente o exame e os traballos/actividades non superados na segunda convocatoria. AVALIACIÓN GLOBAL: Aquel alumnado que non asistise ás aulas ou faltase máis dun 20% do cómputo total das aulas impartidas (12 horas, 6 sesións) deberá acollerse ao sistema de avaliación global que se desenvolverá según o establecido nos artigos 19 e 21 do Regulamento sobre Avaliación, a Cualificación e a Calidade da Docencia e o Proceso de Ensinanza do Estudantado aprobado polo Claustro da UVigo, o 18 de abril de 2023. Trodo traballo copiado, plaxiado o realizado pola IA será cualificado cun 0. |