Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
PCEO Grao en Enxeñaría Mecánica/Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Deseño e comunicación de produto e automatización de elementos en planta
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2024_25
Materia Deseño e comunicación de produto e automatización de elementos en planta Código V12G770V01512
Titulación
PCEO Grao en Enxeñaría Mecánica/Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
9 OP 5 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Deseño na enxeñaría
Enxeñaría de sistemas e automática
Coordinador/a
Comesaña Campos, Alberto
Fernández Silva, Celso
Correo-e acomesana@uvigo.es
csilva@uvigo.es
Profesorado
Comesaña Campos, Alberto
Web http://moovi.uvigo.gal/
Descrición xeral A materia está composta por dous bloques temáticos que se imparten de forma paralela. O primeiro bloque está relacionado co deseño e a comunicación de produto mentres o segundo coa automatización de elementos en planta, cada un deles impartido por áreas diferentes.

OBXECTIVOS DO PRIMEIRO BLOQUE:
- Comprender e manexar diversos aspectos do deseño de produtos tales como:, modelo, función, forma, estética, ergonomía, calidade, facilidade de uso e fabricación, factores de deseño, contorna ambiental, etc....
- Formar ao estudante na cultura do deseño, explorando as novas posibilidades existentes no campo do deseño industrial, fomentando con iso a innovación e a competitividade do produto.
- Coñecer as distintas metodoloxías aplicables ao deseño de produtos industriais, así como os diversos factores e aspectos que interveñen no control do seu ciclo de vida.
- Distinguir e aplicar as distintas técnicas, métodos e metodoloxías que manexan o proceso de deseño de produtos industriais, afondando nas bases tecnolóxicas sobre as que se sustentan.
- Integrar, dentro das principais metodoloxías de deseño, diferentes métodos para optimizar o propio deseño e desenvolvemento do produto industrial, dar soporte e mellorar as decisións involucradas e poder aplicar técnicas de prototipado na análise das alternativas de deseño obtidas.
- Comprender e empregar diferentes técnicas para comunicar e facer chegar con eficacia un novo produto industrial ao público obxectivo, facéndoo atractivo para eles, incrementando a súa utilidade e o cumprimento das necesidades a través dos requirimentos técnicos.
- Dotar ao alumno da capacidade para extraer conclusións óptimas a partir da súa experiencia e coñecemento mediante a procura de solucións a problemas reais empregando técnicas creativas adecuadas.
- Introducir conceptos de aplicación noutras materias dentro do mesmo campo de estudo tal e como Sistema para o Deseño e Desenvolvemento do Produto, materia consecuente e complementaria.

OBXECTIVOS DO SEGUNDO BLOQUE:
- Habilidade para concibir e desenvolver sistemas automáticos.
- Capacidade de seleccionar e configurar un autómata programable industrial para unha aplicación específica de automatización, así como determinar o tipo e características dos sensores e actuadores necesarios.
- Obter a capacidade de analizar as necesidades dun proxecto de automatización e fixar as súas especificacións eliminando ambigüidades e incongruencias.
- Destreza para concibir, valorar, planificar, desenvolver e implantar proxectos automáticos utilizando os principios e metodoloxías propias da enxeñaría.
- Capacidade de traducir un modelo de funcionamento a un programa de autómata.
- Detectar e diagnosticar erros e avarías en procesos de automatización industrial.
- Ser capaz de integrar distintas tecnoloxías (electrónicas, eléctricas, neumáticas, etc.) nunha única automatización.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000