Pautas para a mellora e a recuperación: No caso de que un alumno non aprobe a materia na convocatoria ordinaria,
dispón dunha convocatoria extraordinaria no presente curso académico. A cualificación
final correspondente a esta convocatoria extraordinaria e obterase como resultado de
sumar as seguintes notas: 1.- A nota obtida na avaliación das prácticas de laboratorio na convocatoria ordinaria, cun peso do 30% da cualificación final. 2.- A nota obtida nunha proba escrita individualizada (na data fixada pola dirección do centro) que englobará contidos de toda a materia. O peso desta nota é dun 70% da cualificación final. Para aprobar a materia nesta convocatoria extraordinaria é necesario obter unha
puntuación final igual ou superior a 5 puntos.
Unha vez rematado o presente curso académico a nota obtida na avaliación de prácticas manterase agás
que o alumno desexe facelas novamente. Avaliación estudantes con renuncia a avaliación continua. Os estudantes aos que lles foi concedida a renuncia á avaliación
continua terán que realizar un exame teórico (na data fixada pola dirección do
centro) e un exame práctico en laboratorio (na data que se propoña en función
da dispoñibilidade do laboratorio), sobre unha puntuación máxima de 10 puntos
cada un. A nota final será a media de ambas as dúas- Para
superar a materia o estudante terá que obter, polo menos, unha nota media igual ou superior a 5 puntos. Compromiso ético.
Espérase que o alumno presente un
comportamento ético axeitado. No caso de detectar un
comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de
aparatos electrónicos non autorizados, e outros)
considerarase que o alumno non reúne os requisitos
necesarios para superar a materia. Neste caso a
cualificación global no presente curso académico será de
suspenso (0.0). |