É necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 puntos en cada unha das partes: prácticas de laboratorio, traballos de aula e proba de resposta curta, para obter a cualificación de apto na materia. Opcionalmente os traballos de aula poderán ser en inglés. Os alumnos que renuncien á avaliación continua deberán pasar unha única proba escrita máis extensa que a de coñecementos mínimos aplicada ao resto. Aqueles alumnos que non poidan asistir a dúas ou máis prácticas polas causas xustificadas previstas no Estatuto do Estudante, terán dereito a unha única proba de laboratorio que se celebrará no período de exames da convocatoria correspondente que estableza o centro. Espérase que o alumno presente un comportamento ético
adecuado. En caso de detectar un comportamento non ético (copia, plaxio,
utilización de aparellos electrónicos non autorizados, por exemplo), considerarase que o
alumno non reúne os requisitos necesarios para superar a materia. Dependendo
do tipo de comportamento non ético detectado, poderíase concluír que o
alumno non alcanzou as competencias B2, B3 e CT19. |