Guia docente 2024_25
Escola de Enxeñaría Industrial
PCEO Grao en Enxeñaría Mecánica/Grao en Enxeñaría en Electrónica Industrial e Automática
 Materias
  Física: Física I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. De este xeito, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu. 50
Exame de preguntas de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 30
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos.

10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A cualificación final G inclúe as cualificacións sobre os contidos de aula(peso 80%) e de laboratorio (peso 20%). 1.1. CUALIFICACIÓN DE AULA Obterase mediante dous bloques de probas teórico-prácticas, ós que nosreferiremos coas letras C (curso) e F (final), cada un cun peso do 40% de G. Na oportunidade ordinaria realizaranse probas durante o curso (cualificaciónC0) e una proba final (cualificación F1). O mesmo día da proba F1 haberá unha probaopcional C1 substitutiva de C0, de modo que cada estudante poderá optar entremanter a súa cualificación C0 ou realizar a proba para obter unha nova cualificaciónC1 que substitúa a C0. Na oportunidade extraordinaria haberá dúas probas, C2 e F2, equivalentes encontidos e metodoloxía de avaliación (preguntas obxectivas, de desenvolvemento eproblemas) a C1 e F1, respectivamente. Na proba C2, cada estudante poderá optarentre manter a súa cualificación anterior do bloque C ou realizar a proba para obterunha nova cualificación que substitúa á anterior. Na proba F2, cada estudante poderáoptar entre manter a súa cualificación anterior do bloque F ou realizar a probapara obter unha nova cualificación que substitúa á anterior. 1.2. CUALIFICACIÓN DE LABORATORIO Na oportunidade ordinaria, durante o curso poderase obter unha cualificaciónL0 que consta de dous bloques, cada un cun peso do 10% de G: probasteórico-prácticas (cualificación L0E), e informes de prácticas (cualificaciónL0I): L0 = L0E + L0I. Para obter unha cualificación L0 será necesario terasistido a todas as sesións de laboratorio. En caso contrario, L0 = 0,0. O mesmodía da proba F1 haberá unha proba opcional teórico-práctica L1 substitutiva deL0, de modo que cada estudante poderá optar entre manter a súa cualificaciónanterior L0 ou realizar a proba para obter unha nova cualificación L1 que substitúaa L0. Na oportunidade extraordinaria haberá unha proba teórico-práctica L2,equivalente en contidos e metodoloxía de avaliación a L1. Na proba L2, cada estudantepoderá optar entre manter a súa cualificación anterior de laboratorio ourealizar a proba para obter unha nova cualificación que substitúa á anterior. 1.3. CUALIFICACIÓN FINAL G = C (40%) + F (40%) + L (20%) onde C é a máis recente das cualificacións do bloque C, F é a máis recente dascualificacións do bloque F, e L é a máis recente das cualificacións delaboratorio. 2. AVALIACIÓN GLOBAL (EG) Unicamente poderán optar a esta modalidade de avaliación os estudantes que teñanconcedida a renuncia á avaliación continua. A cualificación final G inclúe as cualificacións sobre os contidos de aula(peso 80%) e de laboratorio (peso 20%). 2.1. CUALIFICACIÓN DE AULA Obterase mediante unha proba teórico-práctica (cualificación quedenominaremos A1 na oportunidade ordinaria e A2 na extraordinaria). Na probaA2, cada estudante poderá optar entre manter a súa cualificación anterior deaula ou realizar a proba para obter unha nova cualificación que substitúa áanterior. 2.2. CUALIFICACIÓN DE LABORATORIO Obterase mediante unha proba teórico-práctica (cualificación quedenominaremos L1 na oportunidade ordinaria e L2 na extraordinaria). Na probaL2, cada estudante poderá optar entre manter a súa cualificación anterior delaboratorio ou realizar a proba para obter unha nova cualificación que substitúaá anterior. 2.3. CUALIFICACIÓN FINAL G = A (80%) + L (20%) onde A é a máis recente das cualificacións de aula, e L é a máis recente dascualificacións de laboratorio. 3. AVALIACIÓN DE FIN DE CARREIRA A avaliación na convocatoria de fin de carreira segue o mesmo esquema da avaliaciónglobal, coa excepción de que só hai unha oportunidade. Cualificación final G da materia na convocatoria de fin de carreira: G = A (80%) + L (20%). 4. NORMAS XERAIS Para superar amateria é condición necesaria e suficiente ter obtido unha cualificación final superiorou igual a 5,0 nunha escala de 0 a 10. Os estudantes que non se presenten a ningunha das probas (C, F, A, L) quese realizan o día da proba final, terán unha cualificación de “non presentado”nesa oportunidade. Dentro dasespecificacións detalladas nos apartados anteriores, as probas poderán terdiferentes variantes dentro dun mesmo grupo de aula ou de laboratorio. Compromiso ético:Espérase que o alumno mostre un comportamento ético axeitado. No caso dedetectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparelloselectrónicos non autorizados, etc.), considerarase que o alumno non reúne osrequisitos necesarios para superar a materia. Nese caso, a cualificación final naoportunidade de avaliación correspondente será de suspenso (0,0). Non se permitirá autilización de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliaciónagás autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico nonautorizado na aula do exame será considerado motivo de non superación damateria e a cualificación final na oportunidade de avaliación correspondente seráde suspenso (0,0).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000