Na materia de Produción e Loxística Industrial abórdanse contidos básicos e esenciais na empresa desde a perspectiva da xestión da produción e a loxística no sector da automoción. Iso é así por tratarse de alumnos dun perfil eminentemente técnico, onde as actividades relacionadas coa xestión dos sistemas produtivos, como é a loxística, son unha parte fundamental dentro da organización das empresas. Na materia abórdanse cuestións relacionadas os sistemas produtivos e os fluxos loxístico, os inventarios e os almacéns, o transporte, … Na materia preténdense asentar os coñecementos básicos que permitan afrontar a xestión dos sistemas produtivos desde unha perspectiva global e que se coñezan as interrelacións existentes entre os diferentes elementos que constitúen a esencia da súa xestión.